Sin categoría

Últimos días para solicitar permisos para as fogueiras de San Xoán en Baiona

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Baiona recorda que este domingo 18 de xuño (incluído), finaliza o prazo para solicitar autorización para os veciños e veciñas que queiran realizar fogueiras o día de San Xoán.

As persoas interesadas terán que realizar as solicitudes a través do rexistro xeral de entrada do Concello de Baiona en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tamén se poderá realizar a solicitude a través dunha instancia xeral na sede electrónica da páxina web municipal http://www.baiona.gal.

Na folla de solicitude deben indicar unha serie de datos persoais, como nome da persoa solicitante, DNI, teléfono… así como indicar a localización na que se realizará a fogueira.