Sin categoría

Baiona “lamenta e condena” unha vez máis os actos vandálicos desta fin de semana

O Concello de Baiona condena unha vez máis os actos vandálicos ocorridos durante a fin de semana no municipio contra o patrimonio inmoble. Trátase da décima vez no que vai de ano de danos nos baños públicos da Praia Ladeira. Entre os danos atópanse: roubos das pechaduras das portas de entrada, tapas de urinarios, mecanismos das cisternas, manguitos, billas, tiradores, roubo do armario da traballadora da limpeza así coma de todos os produtos…. pintadas nos lavabos, portas, paredes… e tamén destrucións nas portas interiores.

O Concello lembra que Baiona “é de todos e todas e pide que se coiden e respecten os espazos públicos e privados. Este tipo de incidentes, ademais de provocar estragos e sucidade nas infraestruturas, co seu consecuente custe económico, tamén provocan prexuízos aos baioneses e baionesas, xa que afectan directamente ás vías públicas que todos e todas desfrutamos”, destaca, Carlos Gómez Prado.

O Alcalde en funcións considera que este tipo de actos vandálicos non teñen cabida nunha localidade como Baiona. Os operarios municipais do Concello procederon a pechar os baños públicos da Praia Ladeira durante o luns e o martes para reparar os numerosos danos ocasionados durante a fin de semana. Tamén se realizaron as labores de limpeza pertinentes para poñer en funcionamento os lavabos municipais.