Alumnado do CPI de Cova Terreña, participante no Programa CA/AC: Cooperar para Aprender/Aprender a Cooperar, inaugura este xoves 15 de xuño ás 19:00 horas na Praza do Concello de Baiona a exposición “Voan versos e bolboretas”. Este proxecto desenvolveuse, ao longo do curso, dentro do grupo de traballo de Aprendizaxe Cooperativa do PFPP.
As alumnas e os alumnos, de 1ºB, 4ºA, 5ºA, 5ºB, 6ºA de EP, 1ºESOA e 1ºESOB, en equipos cooperativos de aprendizaxe, elaboraron os produtos finais que forman parte da exposición. É unha escolla feita entre moitas e fermosas creacións. No acto de inauguración estarán Helena Villar Janeiro, Antón Lopo e Xesús Rábade, tres persoas de relevancia no mundo da poesía, fío condutor desta exposición.
A exposición estará na entrada do Concello, cos seguintes horarios de visita:
- Venres 16, de 11:00 a 13:00 horas.
- Sábado 17, de 11:00 a 14:00 horas.
- Domingo 18, de 11:00 a 14:00 horas.
- Luns 19, de 11:00 a 14:00 horas.

