Rescatan a unha cría de xabaril atascada nun tubo de auga en Camos

Ás 9:35 horas do pasado domingo a Garda Civil de Gondomar tivo coñecemento pola chamada dun veciño de que había unha cría de xabaril atascada nun tubo de auga nunha rúa da parroquia de Camos, en Nigrán. En colaboración cun axente ambiental da Xunta de Galicia procedeuse ao auxilio do xabato, que se atopaba nunha zona complicada para rescatalo. O animal recuperarase no Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe situado en Cotobade.