Obradoiro de percusión africana en Nigrán

O vindeiro 17 de xuño realizarase en Nigrán un obradoiro de percusión africana impartido por Andrés Rivero e organizado pola Escola de Música Municipal, en colaboración co Concello.

O curso, de tres horas de duración, será unha introdución á técnica, linguaxe e ritmos do djembé, instrumento de percusión da costa oeste africana. A organización facilitará os materiais necesarios para a realización do curso, polo que non é preciso ter instrumentos nin experiencia para desfrutar da experiencia.

O obradoiro terá lugar na Escola de Música Municipal de Nigrán, situada na antiga biblioteca municipal do Ceán, en horario de 11:00 a 14:00 horas. Ten un custe de 15€ e é preciso realizar inscrición previa para reservar a praza no 615 914 161 ou no correo latexopercusion@gmail.com.