Sin categoría

Festas de Corpus en Belesar

A parroquia baionesa de Belesar celebra esta fin de semana as Festas de Corpus. O sábado 10 de xuño a partir das 22:00 horas a verbena estará amenizada polo Grupo Ritmo e Antonio Barros. O domingo día 11 o programa comezará ás 10:30 da mañá coa entrada e pasarrúas da Agrupación Musical de Belesar. Ás 11:00 celebrarase a Misa Solemne cantada seguida de procesión acompañada pola mencionada Banda, que ofrecerá un concerto ao finalizar.