
A Garda Civil de Pontevedra conmemora o 50 Aniversario da creación do Servizo de Desactivación de Explosivos. Con tal motivo chega á Comandancia de Pontevedra unha exposición itinerante que terá lugar os días 2, 3 e 4 de xuño, na Sala del Tinglado do Peirao de Comercio do Porto de Vigo, anexa ao acuartelamento da Garda Civil. A inauguración da exposición terá lugar o venres día 2 de xuño ás 11:00 horas.
A misión do Servizo de Desactivación de Explosivos é a localización de artefactos explosivos, incendiarios, radioactivos, biolóxicos e químicos, para proceder á súa neutralización ou desactivación no seu caso. Ao longo da súa historia na Provincia de Pontevedra, os técnicos especialistas en desactivación de explosivos actuaron na desactivación de 282 artefactos reais improvisados, 5.702 artefactos reais convencionais, a destrución de 822 materias perigosas, e máis de 40.000 recoñecementos preventivos.
Cabe destacar a desactivación de dous artefactos explosivos colocados pola organización terrorista ETA o 21 de agosto de 1.996 no Xardín da Palma en Baiona, e o 23 do mesmo mes no acceso ao Parador Nacional da citada localidade, así mesmo desactiváronse artefactos explosivos colocados polos grupos terroristas de ámbito galego como o EGPGC e RG.