Sin categoría

Juan González consegue manter a maioría absoluta en Nigrán

A candidatura do Partido Socialista, liderada por Juan A. González, logrou revalidar a alcaldía de Nigrán mantendo unha ampla maioría absoluta. A formación gañou as eleccións deste domingo coa confianza de 5.064 veciños e veciñas, o que se traduce na consecución de 11 concelleiros, dous menos que os conseguidos fai catro anos.

O Partido Popular, cunha lista encabezada por María Jose Pino, logrou recuperar un concelleiro, pasando dos 4 actuais a 5, con 2.603 votos. Xabier Rodríguez, candidato á alcaldía polo BNG, volverá á corporación de Nigrán tras sumar un total de 708 apoios. Somos Nigrán e Esquerda Unida non conseguiron ningunha representación, con 268 e 262 votos respectivamente.

En Nigrán votaron 9.226 veciños e veciñas, un 61,44%. Os votos en branco foron 153 e os nulos 168.