Podemos Baiona aclara á veciñanza por que non recibe a súa propaganda electoral

Agustín Silva, candidato á alcaldía por Podemos Baiona salienta que “temos un férreo compromiso co coidado do medio ambiente e queremos facer fronte ao impacto ambiental que xeran as campañas electorais (papeletas, sobres…), reducindo lixo, ademais de ter en conta a cantidade de xente que deuse de baixa no INE, para non recibir a propaganda electoral nestes últimos anos. Polo tanto, animamos á veciñanza a coller a nosa papeleta no seu colexio electoral ou recollela no noso local, situado na Rúa Carabela A Pinta”. A demanda e compromiso con esta temática forma parte do ADN da formación política, xa que en reiteradas ocasións propúxose o envío agrupado de todas as opcións nun só sobre para reducir costes e residuos.