Los Enemigos súmanse ao cartel de Vive Nigrán 2023 cun concerto moi especial

Los Enemigos súmanse ao cartel de Vive Nigrán 2023 cun concerto moi especial. O lendario grupo madrileño actuará o 30 de xuño para repasar e render homenaxe a dous discos míticos como son “La Cuenta Atrás” e “La Vida Mata”. Será a 1ª vez que se realice en Galicia este concerto especial, que contará cun repertorio imbatible. A banda únese aos confirmados Nada Surf, Javiera Mena, Morgan, Samantha Hudson, Ojete Calor, The Rapants e Morreo. Os abonos e entradas de día están á venda na web do festival: vivenigran.com.

O lendario grupo madrileño repasará “La Vida Mata” (1990) e “La Cuenta Atrás” (1991). Dous álbums icónicos que marcaron a toda unha xeración, deixando unha profunda pegada no panorama do rock en castelán e, en xeral, na música española das últimas décadas. “La Cuenta Atrás” e “La Vida Mata” son dúas xoias fundamentais de Los Enemigos, dous discos cargados de cancións irrepetibles.

Con máis de tres décadas de traxectoria, Los Enemigos abandonan a trincheira e desbaratan calquera simulacro de resistencia en minutos. Enteiros, como sempre. Desatados como nunca. Feros e tenros, como a vida mesma. Coa banda en plena forma e un repertorio insuperable, esperan converter o venres 30 de xuño nunha noite para o recordo no máxico escenario do Campo de Monte Lourido en Praia América.

Diverso, diferente, divertido… Vive Nigrán promete mergullar ao público nunha sorte de emocións, onde teñen cabida a diversión, a paixón, a música e o encontro entre amigos. Un dos grandes eventos musicais do verán en Galicia e unha oportunidade única para gozar de grandes artistas nunha contorna privilexiada.

Fiel ao seu espírito, Vive Nigrán chega neste 2023 á sétima edición do festival, que se situará de novo a escasos metros de Praia América, un escenario incomparable a pé de praia no campo de fútbol de Monte Lourido. Vive Nigrán busca seguir sendo un referente no verán galego, ofrecendo un cartel variado e de calidade.

O festival Vive Nigrán conta un ano máis co impulso de Vibra Mahou, a plataforma musical de Mahou Cinco Estrellas que fomenta encontros ao redor do directo. Ademais do apoio de Vibra Mahou, o festival tamén contará co apoio do Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, a través da súa marca “Rías Baixas Fest” e da Xunta de Galicia, a través de “FEST Galicia”, e en 2023 volve ter unha vez máis o apoio de Gadis.

As entradas xa están á venda a través da web do festival. Os abonos teñen un prezo de 50€ máis gastos de xestión e as entradas de día 28€ máis gastos. Os menores ata 5 anos terán acceso gratis ao festival (máximo 2 nenos por adulto).