IX Xornadas de Xogos Populares no Val Miñor

Este venres día 26 de maio -se o tempo o permite- vaise celebrar a IX Xornada de Xogos Populares para o alumnado de 4º de Primaria no Campo das Cercas, en Gondomar. Nela van participar os colexios de Fontes, Belesar e Sabarís de Baiona; Neira Vilas, Chano Piñeiro, Donas e Serra Vincios de Gondomar; Humberto Juanes, Carlos Casares, Cruz Camos, CPI Arquitecto Palacios, Mallón, CPR Ángel de la Guarda e o Colexio Estudio de Nigrán, así como o de Igrexa Valadares.

Estas Xornadas viñan celebrándose anualmente ata a pandemia, e retomáronse este curso despois deste período transitorio. Asistirán 350 nenos e nenas, que participarán en xogos tradicionais como a chave, os peóns, os aros,… ata un total de 20. O horario será de 10:00 a 13:00 horas, e coma en anos anteriores contarán coa colaboración dos Concellos, Protección Civil, Agua Sana e Rosquillas Cristaleiro, aos que lles agradecen a súa axuda.