Sin categoría

Baiona organiza unha segunda xornada lúdica de tenis de mesa

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona organiza unha actividade gratuíta de promoción e divulgación gratuíta de Tenis de Mesa. Trátase dunha xornada lúdica que terá lugar este sábado 27 de maio no Pavillón Municipal de Deportes dende as 10:00 ata ás 12:00 horas.

Todas aquelas persoas interesadas en participar na actividade deberán entregar o boletín oficial de inscrición no Pavillón Municipal de Deportes de Baiona ou chamar ao teléfono 986 35 65 68 para formular a mesma. Do mesmo xeito, tamén pode facerse vía email a través de deportes@baiona.gal.

As prazas son limitadas por rigoroso orde de inscrición. O boletín oficial de inscrición está dispoñible na páxina web do Concello de Baiona.

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona aposta por promover esta actividade de lecer, que é interxeneracional e universalmente coñecida. Así mesmo, desde o deporte base, fomentando o local e próximo, búscase coñecer novas persoas, interactuar e intercambiar ideas ou opinións. Será unha xornada non competitiva para desfrutar desta disciplina.