O alcalde socialista de Nigrán e candidato ás eleccións municipais do 28 de maio, Juan González, celebrará o fin de campaña este venres 26 de maio ás 20:30 horas na Alameda da Ramallosa. O evento exponse como un gran encontro coa veciñanza no que presentará un por un ás persoas que o acompañan na súa lista electoral e, paralelamente, debuxará os grandes compromisos para o próximo goberno. O acto terá a súa parte festiva como corresponde a dúas semanas de traballo coa actuación de “Os alegres do Val Miñor”, xogos para a infancia de 19:00 a 22:00 horas e pinchos ao rematar. Anteriormente, este xoves 25 de maio rematará en Camos as presentacións por parroquias (20:30 horas, Centro Cultural A Camoesa).
Juan González celebra o fin de campaña na Alameda da Ramallosa cun gran encontro

