Sin categoría

Sementeira comunitaria lúdica e educativa en Chandebrito

A Fundación Matrix, Investigación y Desarrollo Sostenible, con sede no campus da Universidade de Vigo, realiza o proxecto de I+D AGRIECO, que impulsa a recuperación de terras abandonadas mediante a produción ecolóxica de diferentes variedades de millo, incluíndo autóctonas.

Implicar ás persoas da propia localidade en actividades que fomenten a cohesión social entre os seus membros e os vínculos co seu medio ambiente. Por este motivo, unha “Sementeira Comunitaria de Millo” con e para as persoas da parroquia de Chandebrito, grazas ao apoio e colaboración da Asociación Veciñal e Cultural “O Castro” e a Asociación de Mulleres Rurais de Chandebrito. Esta actividade levarase a cabo o sábado 20 de maio nunha leira situada na Cova de Lobos as 11:30 horas. Conta con apoio institucional do Concello de Nigrán.

Esta actividade concíbese como un plan atractivo para levar a cabo en familia e que se adapta a todos os rangos de idade. Os e as máis pequenos/as acudirán a sementar o millo dunha forma divertida para que poidan aprender a reflexionar sobre os procesos naturais e a importancia de coidar o medio ambiente.

Unha contacontos, experta en dinamización sociocultural, narrará a historia do millo en Galicia. Esta actividade levarase a cabo no local da Asociación de Mulleres Rurais. De este modo, os/as máis pequenos/as aprenden os valores identitarios do patrimonio cultural rural galego, á vez que as familias recordan aquelas épocas nas que se cultivaba e sementaba millo de forma tradicional.

O proxecto AGRIECO promove a produción sostible e o consumo responsable de alimentos de Galicia. Recoñece as extraordinarias aptitudes do noso medio rural para a produción agrícola, conservando a biodiversidade e a paisaxe, evitando o uso de praguicidas e fertilizantes químicos.

Esta actividade tamén impulsa a alimentación saudable. O millo é un superalimento, moi baixo en calorías e rico en fibra e nutrientes. A produción de millo baixo condicións ecolóxicas, é segura para o medio ambiente e a saúde. O millo é o aliado perfecto para contribuír a paliar os malos hábitos de alimentación tan comúns neste século. Para que os/as nenos/as poidan desfrutar de este alimento en primeira persoa, terá lugar unha degustación de “pombiñas” (flocos) de millo (“palomitas”) ecolóxicas, as cales estarán recén feitas e listas para comer.

Implicar á sociedade é unha das accións máis necesarias para unha alimentación saudable e sostible. Javier Montalvo, Profesor de Ecoloxía na Universidade de Vigo e director da Fundación Matrix e do proxecto AGRIECO, afirma que “a mellor educación agroambiental e alimentaria é a que conecta ben coas persoas, a que chega máis ao corazón, que gusta e emociona”.