O Concello de Nigrán estrea un novo parque infantil en Patos, na zona do mercado dos sábados, tras investir 11.000 € na total remodelación do espazo existente, que contiña desde hai décadas xogos xa obsoletos, motivo polo que a veciñanza demandaba este cambio. O lugar, ampliado cun novo peche para dar mellor cabida aos elementos incorporados, conta agora con tres novos balancíns de muelles (dous deles individuais e outro xigante que permite o uso múltiple de 4 nenos) e unha pirámide trepadora de cordas. Ademais, restaurouse por completo o conxunto modular de madeira composto por un tobogán e unha rede; así coma as randeeiras (unha delas de primeira infancia).
Nigrán estrea un parque infantil renovado en Patos

