
O pasado sábado os rapaces do Turonia GFG disputaron a Final do Campionato Ibérico Shield de fútbol gaélico celebrado en Zaragoza, no que acadaron o cuarto posto, empatado a puntos co terceiro clasificado. O Campionato foi para os Barcelona Gales, o segundo posto foi para Madrid Harps, recaeu o terceiro no Sitges GAA e o quinto lugar para Zaragoza GAA. As escuadras catalá e madrileña fixeron valer o ben facer dos case todos seus integrantes irlandeses, país de orixe deste deporte, e fronte os que os demais equipos pouco puideron facer.
Os resultados dos partidos do Turonia GFG nesta final foron os que seguen:
- Vs Sitges FG 4-6
- Vs Zaragoza GAA 7-4
- Vs Barcelona Gaels 1-17
- Vs Madrid Harps 1-18
Independentemente do deporte, estas fases finais do fútbol gaélico ibérico caracterízanse polo gran ambiente festivo que reina durante toda a xornada, no que os distintos equipos celebran as vitorias e éxitos dos seus rivais; fechando a xornada cunha cea de confraternización de todos os clubs e posterior festa ao máis puro estilo atlántico. O fútbol gaélico é máis que deporte, é cultura, son valores, tradición, pobo.