O BNG de Nigrán realiza o seu acto central de campaña este martes

Este martes 16 de maio, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal, terá lugar o acto central da campaña do BNG de Nigrán ás eleccións municipais. Será un encontro aberto no que intervirán o responsable local de Galiza Nova e integrante da candidatura, Casto Magallanes, e os candidatos 2 e 3 da lista, Cristina Fernández e Jorge Vilas, ademais do candidato á alcaldía, Xavier Rodríguez. O acto contará tamén coa participación da deputada no Parlamento galego Alexandra Fernández. Amenizarao a zanfona de Bieito Lobariñas, que interpretará dous temas tradicionais. No encontro, Xavier Rodríguez e os demais membros da candidatura, expoñerán á veciñanza a alternativa que propón o BNG para os vindeiros catro anos, así como as principais propostas a desenvolver para converter Nigrán nun lugar no que poder vivir, con vivenda e traballo e cun territorio ordenado e coidado.