A Casa de Navegación de Baiona celebra este xoves 18 de maio o Día Internacional dos Museos con varias visitas guiadas pola mañá e entrada gratuíta para a veciñanza. Desde o Concello de Baiona lembran que se pode facer unha visita virtual á Carabela Pinta, especialmente pensada para as persoas con problemas de mobilidade ou para quen queira ter a experiencia de coñecer á tripulación e interactuar con eles.
Entrada gratuíta á Casa da Navegación de Baiona polo Día Internacional dos Museos

