Sin categoría

Carlos Gómez asegura que “o paraugas social medrará no próximo mandato”

Carlos Gómez Prado, candidato socialista á alcaldía de Baiona, lembra que “este ano, a partida municipal para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) é de 840.000 euros, o triplo que en 2019”. Gómez Prado asegura que “o paraugas social posto en marcha neste mandato é inédito na vila, pero aumentará no próximo mandato se obtemos a confianza dos veciños o 28 de maio”. “Pechamos o ano 2022 con máis de 6.000 atencións rexistradas nos Servizos Sociais, e cos orzamentos deste ano aprobamos o maior paraugas social da historia de Baiona, da man do tecido asociativo e do terceiro sector da nosa vila”, afirma o candidato á reelección.

Potenciaranse tamén proxectos como “Vincúlate” e manteranse os convenios de colaboración co terceiro sector de Baiona para diferentes iniciativas (Afaga, Avelaíña, Centro Juan María ou Asociación Española contra o Cancro). “Deixamos atrás esa concepción dos Servizos Sociais como algo semellante á beneficencia ou á caridade. Non, son cousas diferentes, os Servizos Sociais son un dereito dos veciños, un dereito protexido pola lei para darlle asistencia desde as administracións ás persoas que o necesitan”, remata Gómez Prado.