Sin categoría

Baiona súmase ao compromiso Net-Zero e compensará a súa pegada de CO2

O Concello do Baiona pon en marcha o proxecto Baiona Net-Zero, unha iniciativa necesaria que reforza o compromiso da administración local coa sustentabilidade e a economía circular. As principais medidas de Baiona Net-Zero son o cálculo da pegada de carbono do Concello como institución e a neutralización da mesma nos nosos montes, o acceso ás comunidades de montes ao mercado do carbono e facilitar ás empresas e comercios de Baiona a conversión en negocios Net-Zero axudándoas a rentabilizar este investimento.

A iniciativa foi presentada onte ao tecido empresarial e comercial de Baiona da man de David Lemos, representante de AirCO2. Como Concello, achegarse á neutralidade de carbono é tamén unha resposta a unha realidade incontestable, defendida pola sociedade, polo mercado e recollida na axenda 2030 coa que se aliña o Concello de Baiona.

Desde a administración local búscase que os baioneses e baionesas poidan sacar peito de pertencer a un concello responsable e referente no relativo ao medio ambiente. Responsable porque nos facemos cargo das emisións de CO2 que xera a actividade profesional e trabállase para reducilas e neutralizala, e referente porque quérese ser un exemplo a nivel rexional e nacional de modelo de xestión municipal que vai por diante en materia de economía circular aplicada á pegada de carbono.

Co lanzamento deste proxecto a administración local conseguirá ademais de preservar e manter os nosos montes, revalorizar o rural e promover a sustentabilidade da industria e comercio do municipio. O interese demostrado polo tecido empresarial e comercial por este proxecto demostra o interese común de posicionar a Baiona como un concello concienciado e comprometido co medio.