Sin categoría

Somos Nigrán dará o pistoletazo de saída da súa campaña electoral este venres na Carrasca

O espazo político Somos Nigrán fará unha rolda de encontros veciñais onde explicarán as propostas que levan no seu programa. A creación dun servizo municipal de atención diúrna para persoas maiores ou dependentes, o desenvolvemento dun plan municipal de vivenda social, eximir do pago do IBI a persoas receptoras dunha pensión mínima ou non contributiva, un programa de medidas de apoio a familias monoparentais ou con dificultades, establecer un gabinete psicopedagóxico municipal, son algunhas das iniciativas que queren levar a cabo.

Devanditos encontros realizaranse nas seguintes datas: (Chandebrito e Nigrán centro pendentes de confirmar)

  • Día 12/05 ás 20:00 h no Centro Cultural Bolos da Carrasca.
  • Día 13/05 ás 20:00 h no local da Asociación de Veciños de Panxón (A Porqueira).
  • Día 18/05 ás 20:15h no Centro Cultural de Camos.
  • Día 19/05 ás 20:30 h Reunión coa directiva da Asociación de Veciños A Irmandade de Priegue.
  • Día 20/05 ás 20:30 no local da Asociación de Veciños A Unión de San Pedro.
  • Día 26/05 Acto final de campaña no recinto do Torreiro de Priegue. Encontro coa veciñanza ás 20:00 horas. Posteriormente concerto.

Desde Somos Nigrán queren mostrar a súa gratitude a todas as asociacións veciñais de Nigrán pola boa disposición e o bo trato recibido por parte de todas elas.