
O colexio de Belesar retoma a creación do seu musical cun espectáculo titulado “SOS planeta: a toda pastilla” no que un grupo de científicas tentarán atopar unha pílula que conciencie á humanidade de coidar o planeta.
É un musical apto para todos os públicos protagonizado polo alumnado de 5º e 6º de primaria, pero tamén con un ex alumno do centro, que levan meses ensaiando para ofrecer unha función na que esperan que o público reciba a importante mensaxe da súa obra.
O espectáculo será no Auditorio V Centenario de Baiona o vindeiro venres 19 de maio ás 17:00 horas. A entrada é gratuíta, con achega voluntaria para a asociación Bai.senpulgas.