Sin categoría

Podemos presenta este sábado a súa candidatura no Liceo Marítimo de Baiona

O vindeiro sábado, 6 de maio, Podemos presentará as liñas da súa candidatura e programa para as próximas eleccións municipais e onde a agrupación responderá ás preguntas da veciñanza. O encontro será no Liceo Marítimo de Baiona ás 12:30 horas, nun acto distendido que servirá tamén de presentación oficial de Agustín Silva como candidato á alcaldía de Baiona, así como da lista de persoas coas que concorrerá ás eleccións o 28 de maio.

A formación fará balance do traballo desenvolvido nos últimos 4 anos onde Silva, voceiro electo da formación local dende o ano pasado, estivo implicado en atallar algúns dos principais problemas que máis afectan aos veciños e veciñas do municipio. Ao acto asistirán o Coordinador Nacional de Podemos en Galicia, Borja San Ramón, e varios membros do Consello Cidadán Galego de Podemos. Ao finalizar, haberá uns petiscos e bebidas para a xente que acuda ao evento.

A candidatura encabezada por Agustín Silva está conformada por moitas mulleres e homes cun amplo percorrido activista e cun traballo político previo desde o 15M que amosa o seu compromiso con Baiona.