Sin categoría

Nigrán apraza o festival “Vibra Gaifar” ante a previsión de choiva

O Concello de Nigrán, ante o prognóstico de choiva, apraza ao 9, 10 e 11 de xuño o festival de música “Vibra Gaifar” que estaba previsto realizarse desde este venres 5 de maio ao domingo 7 no espazo municipal de Gaifar, ao aire libre. Entre os grupos que estaban confirmados e que se lles ofrecerá esta nova cita están Three Roosters, Moon Cresta, La Patrulla, Groovin Folks, Indiana, Cubo Metálico, The Mirror, San Rockers e Blue Monk.

O obxectivo primordial deste evento é ofrecer aos grupos locais e emerxentes unha oportunidade de amosar o seu traballo no mellor dos escenarios posibles e co seu público máis comprometido: a veciñanza de Nigrán.