A Garda Civil intervén nun control de estrada 68 quilos de polbo

A Garda Civil de Marín, en colaboración co Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia, interveu nun control rutineiro 68 quilos de polbo que fora pescado nunha zona prohibida. Ao identificar o condutor do vehículo, obsérvase que leva dous capazos de polbo que, polas pescudas realizadas en colaboración co Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia, pescara en Vilariño, Cangas, nunha zona prohibida para iso.

Ademais, o denunciado posúe unha licenza caducada para este tipo de pesca, polo que se lle efectúan dúas denuncias por este feito á lei de pesca. Trátase dun home con domicilio en Cangas, de 46 anos, ao que xa lle constan outras infraccións deste tipo. O polbo foi entregado ao banco de alimentos de Pontevedra.