Sin categoría

Culminante fin de semana no Club de Patinaxe Artística Gondomar

Este sábado no Pavillón de Candeán, en Vigo, tivo lugar o Campionato Galego de SD e parellas. Na disciplina de “só dance” estréase na presente modalidade o Club Patinaxe Artística Gondomar, co seu patinador Joel Ribeiro como xuvenil, conseguindo unha puntuación de 102,69. O campionato comezou ás nove da mañá, e o xuvenil participou pola mañá mostrando o seu programa curto e a tarde co programa longo.

O sábado, no mesmo fin de semana, o club tamén foi partícipe en Gondomar dunha homenaxe aos alfombristas gondomareños, no Auditorio Lois Tubío, onde se lle entregou un obsequio aos participantes desta gran tradición floral que cumpre un século na localidade, e o CPA Gondomar recibiu o seu.

O domingo día 30, o grupo de show júnior subiuse ao máis alto do podio en Salvaterra do Miño, concretamente no Pavillón Cándido Carrera, onde tivo lugar o V Trofeo Salvaterra Milenaria, co seu show “Mens sana in corpore patiens” dirixido polo seu adestrador David Figueroa e a preparadora física/coach María Nombela.