Sin categoría

Nigrán volve ampliar as prazas para o campamento de verán 2023 e abre a inscrición o martes

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), organiza o Campamento de Verán 2023 co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. Un ano máis o Concello aumenta as prazas con respecto ao ano anterior, pasando das 120 de 2021 ás 192 deste verán (o ano pasado foron 180). O obxectivo deste incremento é dar cabida a todas as familias solicitantes.

O campamento está destinado a nenos e nenas empadroados en Nigrán con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos e desenvolverase dende o día 26 de xuño ata o día 31 de xullo de luns a venres. O período de inscrición comeza o día 2 de maio e finaliza o día 9 de maio. O campamento desenvolverase no CEIP Humberto Juanes. Os formularios de inscrición poderán recollerse na Oficina de Información e Atención Cidadá ou descargarse no Taboleiro de Anuncios da páxina web http://www.nigran.es.

Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola Vía, nº65, Panxón, Nigrán. Tlf: 986 383081, correo electrónico: cim@nigran.org.