O alcalde socialista de Nigrán e candidato ás municipais, Juan González, aposta novamente na súa lista polo seu núcleo de goberno e tamén por tres caras novas para concorrer ás eleccións do 28 de maio co obxectivo de culminar proxectos en marcha e emprender novos retos. Así, incorpora no número 4 a Sara Penedo Vázquez (veciña de Panxón de 27 anos e licenciada en Ciencias do Deporte), no 5 a Estela Pérez Pérez (licenciada en Maxisterio e quen xa fora concelleira nos anos 2007-2010) e no 7 a Roberto Garrido Pereira (veciño de Nigrán de 34 anos licenciado en Historia). “Mantemos o núcleo de goberno co relevo natural que se pode producir despois de 8 anos de goberno, por iso incorporamos a tres persoas mozas, con solvencia académica e persoal e que, en definitiva, cremos que teñen moito que aportar a Nigrán”, sinala o rexedor.
“Somos conscientes de que quedan moitas cousas por facer en cada parroquia e estamos desexando levalas adiante. Temos un proxecto en marcha desde 2015 que non se pode parar. Estes anos de bagaxe deixan clara unha forma de xestionar próxima, accesible e amable: poñemos o corazón en todo o que facemos. Seguiremos sendo un goberno atento, formado por veciños comprometidos socialmente, cos pés na terra, e que atenden fielmente as necesidades dos seus concidadáns”, sinala González, quen manifesta “a mesma ilusión e as mesmas ganas”. “Atrás quedan dous mandatos de intensos cambios en Nigrán. No 2015 iniciamos en minoría proxectos que con esforzo e paixón fomos quen de levar adiante e xa desde o 2019, con ampla maioría, fomos acadando outros logros e, ao mesmo tempo, establecendo novos retos ilusionantes que están a piques de florecer”.
“A miña vida é Nigrán, é onde traballo, onde socializo, onde fago deporte, onde paseo, onde compro… todo o mundo me coñece como veciño antes de como alcalde, e por iso insisto sempre en que eu non quero gobernar para a maioría, eu quero gobernar para todos e todas, sen excluír nunca a ninguén. O meu compromiso e a miña ilusión por seguir avanzando é absoluto”, remata.
Así, nesta lista que concorre as eleccións do 28 de maio repiten Rubén Rial Sánchez, actual concelleiro de Vías, Obras, Limpeza, Servizos Urbanos e Seguridade; Diego García Moreira, actual concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Persoal; estréase no número 4 Sara Penedo Vázquez (veciña de Panxón de 27 anos e licenciada en Ciencias do Deporte) e tamén no número 5 a veciña de Chandebrito Estela Pérez Pérez (licenciada en Maxisterio e quen xa fora concelleira nos anos 2007-2010); xa no número 6 sitúase Bibiana Peixoto, actual concelleira de Servizos Sociais; seguida no 7 de outra cara nova, Roberto Garrido Pereira (veciño de Nigrán de 34 anos licenciado en Historia) e a continuación os actuais concelleiros Cristina Dosil, Patricia Diego, Alfonso Vázquez, María Mayán, Ladislao e Mari Luz Pérez Vidal. Pechan a candidatura Aurea Brión, Alfonso Suárez, Luis Sanromán e Marina Vidal (actuais concelleiros de Deportes e Educación, respectivamente), Joaquina Barros (secretaria de Alcaldía), Luciano Iglesias e José Rodríguez Fernández.
CANDIDATURA SOCIALISTA
- Juan A. González Pérez. Alcalde de Nigrán.
- Rubén Rial Sánchez. Teniente de Alcalde. Concelleiro de Vías
- Diego García Moreira. Concelleiro de Urbanismo, Mobilidade, Medio Ambiente, Réxime Interior e Persoal.
- Sara Penedo Vázquez. Panxón. Licenciada en Ciencias do Deporte.
- Estela Pérez Pérez. Chandebrito. Licenciada en Maxisterio.
- Bibiana Peixoto Iglesias. Concelleira de Servizos Sociais.
- Roberto Garrido Pereira. Nigrán. Licenciado en Historia.
- Cristina Dosil Valverde. Concelleira de Turismo, Xuventude e Participación Cidadá.
- Patricia Diego Travieso. Concelleira de Igualdade, Voluntariado e Comercio.
- Alfonso Vázquez Pérez. Concelleiro de Sanidade, Abastos, Mercados, Turismo Social e Festexos Populares.
- María Esperanza Mayán Areal. Concelleira de Terceira Idade.
- Ladislao Alonso Valverde. Concelleiro de Relacións Veciñais, Medio Rural e Actividades Marítimas.
- Mariluz Pérez. Concelleira.
- Aurea Brión Toucedo. Panxón. Xubilada.
- Alfonso Suárez Gameiro. San Pedro. Xubilado.
- Luis Sanromán Román. Concelleiro de Deportes.
- Marina Vidal Lorenzo. Concelleira de Educación.
- Joaquina Barros Sanromán. Secretaria de Alcaldía.
- Luciano Iglesias Costas. Chandebrito. Xubilado.
- José Rodríguez Fernández. Nigrán. Xubilado.

