O Concello de Nigrán abriu desde hoxe e ata o 18 de maio o prazo para a presentación de ofertas para explotar os quioscos de praia este verán, sendo a tempada desde a resolución ao 30 de setembro, igual que o ano pasado. Os prezos tamén se manteñen, oscilando desde os 2.500 € de Area Fofa ou Madorra aos 24.000 € de Praia América. A convocatoria foi publicada onte no BOP. En total, o Concello oferta 7 quioscos de venda de xeados, refrescos e alimentos (2 en Patos, 1 en Area Fofa, 1 na Madorra, 1 en Panxón e 2 en Praia América) e un de venda de churros en Praia América. Os interesados poden presentar as súas ofertas no Rexistro Xeral do Concello, estando as bases publicadas na sede electrónica da web municipal ou impresas na Oficina de Información Cidadá.
Nigrán abre o prazo para presentar ofertas aos quioscos de praia do municipio

