Alfonso Rueda asegura que non hai ninguén mellor que Almuiña para abrir a porta do cambio en Baiona

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, asegurou este mércores que non hai ninguén mellor que Jesús Vázquez Almuiña e o seu equipo para recuperar a vontade da maioría dos veciños en Baiona, poñendo en valor a estabilidade, a solvencia e a vontade de servizo público que caracteriza a candidatura do PP neste concello. Rueda quixo poñer en valor o balance xestor do candidato, cualificándoo como un dos políticos en activo con máis traxectoria en Galicia e destacando que, aínda podendo renunciar a asumir novos retos, preferiu escoller Baiona para que a vila recupere o tempo perdido. Remarcou que a candidatura de Almuiña é a gran alternativa, xa que ofrece experiencia fronte á improvisación, progreso fronte ao atraso e a política útil fronte á política estéril.

Nesta liña definiu ao PP como un partido que se dedica unicamente aos seus concellos e aos seus veciños fronte a un PSOE que só funciona co único propósito de salvar a cadeira a Pedro Sánchez na Moncloa e un BNG que vive das críticas e do non permanente a todo. Amosouse así convencido de que hai unha gran maioría que cre que a España lle iría moito mellor cun Goberno como o de Galicia, que se debe aos galegos e que constitúe o mellor exemplo de que se pode gobernar con sentido de Estado. Un exemplo, asegurou, de que pode haber unión en lugar de multipartitos, de que se está para resolver problemas e non para crealos, e de que os compromisos non valen de nada se non se cumpren.

O líder dos populares galegos afirmou que en Baiona tamén goberna o sanchismo e que nesta vila non votar polo PP tamén equivale a avalar pactos de perdedores: “Non votar polo PP equivale a facer que a opinión da maioría non importe”. De aí que concluíse que Baiona ten nas súas mans a chave para abrirlle a porta ao cambio na vila para reactivar proxectos suspendidos, para volver facer do Concello unha institución ao servizo dos seus veciños.

ALMUIÑA: “QUERO UN CONCELLO ABERTO AOS VECIÑOS”

O candidato quixo expresar o seu agradecemento aos actuais concelleiros “especialmente ao voceiro Ángel Rodal” e ao seu novo equipo, ao que definiu como “un grupo valente, xeneroso e cunha vocación clara de servizo público para atender as necesidades dos veciños”. Almuiña destacou como liñas básicas do seu programa a estratexia da economía azul sostible, a potenciación do turismo, a pesca e o marisqueo, o comercio, a hostalaría e o emprego de calidade; así como a mellora de infraestruturas básicas: educativas, deportivas, humanizacións…

O cabeza de lista do PP de Baiona amosou a súa aspiración de acadar un “Concello aberto aos veciños” e unha aposta clara por “un urbanismo ao servizo da cidadanía” mediante a creación de novas vivendas e a rehabilitación das existentes, especialmente para as familias mozas. Reivindicando o seu lema de campaña (Con Almuiña, Baiona en boas mans), Almuiña asegurou que o PP é única alternativa fronte outras opcións que supoñen manter no goberno ao partido que xestionaron do peor xeito este concello nos últimos catro anos.

CANDIDATURA DO PP DE BAIONA

1. JESÚS VÁZQUEZ ALMUIÑA
2. POLICARPO VILAR MISA
3. JOSE ÁNGEL BAHAMONDE RODRÍGUEZ
4. RUTH ÁLVAREZ GONZÁLEZ
5. ANA MARÍA IGLESIAS RODRÍGUEZ
6. GONZALO PÉREZ BARREIRO
7. SHEILA MARÍA GONZÁLEZ MARTÍNS
8. NURIA LEYENDA GÓMEZ
9. JOSE MANUEL RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ
10. JOAQUÍN LÓPEZ GOCE
11. DAVID GONZÁLEZ MISA
12. CARLA GÓMEZ DOMÍNGUEZ
13. AUGUSTO MÉNDEZ CHAMORRO
14. MÓNICA DOCABO MARTÍNEZ
15. FLORA CABRAL CARBALLO
16. BRAIS GARCÍA DACUÑA
17. MARÍA LUISA MARTÍNEZ ÁLVAREZ
18. JOSÉ RODRÍGUEZ TRIGO
19. CARLA BUJÁN DACUÑA
20. MARIA ELENA RIBEIRO FREIRE
21. FERNANDO VALVERDE CHAMORRO
22. MARÍA JESÚS MARTÍNS PASSOS