A Asociación de Mulleres Rurais San Benito de Gondomar, coa colaboración do Concello de Gondomar, organiza un acto este sábado 29 de abril, ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío, no que se fará un repaso pola historia dunha das tradicións máis senlleiras de Gondomar, as súas famosas alfombras florais do Corpus Christi.
Neste acto farase un repaso pola historia dunha tradición que cada ano atrae a miles de visitantes á vila. Ademais, servirá tamén coma homenaxe a homes e mulleres que ao longo dos anos veñen traballando de forma desinteresada para que as alfombras florais chegasen máis vivas que nunca aos nosos días.
O acto será conducido pola periodista Paula Montes e nel se proxectarán vídeos e fotografías que fan un percorrido por medio século de historia, e contará coa presenza de moitos invitados e autoridades entre elas o alcalde Paco Ferreira. A entrada será libre ata completar aforo.

