
O Concello de Nigrán continúa este venres 21 de abril ás 20:00 horas no Auditorio Municipal o seu ciclo “Un ano de humor” co monólogo de Pepo Suevos, totalmente improvisado, aberto e interactivo co público. O mesmo estará presente o domingo na Feira do Libro de Nigrán para comentar a película “A Praia dos Afogados”, na que traballa como actor de reparto (Auditorio Municipal, 20:00 horas).
Pepo Suevos comezou coma contacontos e desde entón ten participado en multitude de longametraxes con papeis secundarios, así coma na maioría das series máis coñecidas da TVG e nalgúns programas de televisión. Conta con grande experiencia coma contacontos e cómico. Os derradeiros monólogos serán o 28 de abril con Sergio Pazos e Cristina Maró. Todos son de balde e con entrada libre ata completar o aforo do auditorio.