Baiona aproba a distinción dunha decena de persoas, entidades e agrupacións “pola súa achega á vila”

A Comisión de Honores e Distincións do Concello de Baiona aprobou hoxe a concesión de diferentes Símbolos e Distincións Honoríficas, que se aprobarán definitivamente no próximo pleno municipal. “Queremos recoñecer a achega á vila desde diferentes ámbitos de persoas, entidades e agrupacións que levan moitos anos traballando ou con actividade en Baiona”, asegura o alcalde, Carlos Gómez Prado. “Merecen un recoñecemento público, o seu traballo e legado fan grande e mellor unha vila como a nosa”, engade.

Os Símbolos e Distincións Honoríficas aprobadas son:

  • Lazo de Honra á Asociación Folclórica Vila de Baiona.
  • Lazo de Honra á Agrupación Musical de Belesar.
  • Nomeamento do Espazo Público Manolo Ferreiro.
  • Carabela de Ouro a Mari Carmen Ratel López e Manuel Goce Ratel, nai e fillo, pasado e futuro, do Establecemento Hostaleiro “Restaurante Naveira”.
  • Carabela de Ouro a Dolores Barreiro Barreiro “Lola a do Peixe” e a Rafael Pereira Barreiro, nai e fillo do Establecemento Hostaleiro “Restaurante El Mosquito”.
  • Lazo de Honra a José Joaquín Costas Miniño “Pepe Prais”.
  • Medalla de Prata para o Baíña Fútbol Sala.
  • Medalla de Ouro ao CEP de Sabarís.
  • Medalla de Ouro ao CPI Cova Terreña.
  • Lazo de Honra ao Coro de Homes “Voces Baionesas”.
  • Medalla de Ouro ao Liceo Marítimo de Baiona.