O Centro Comercial Ramallosa festexa o seu 20 aniversario cunha gran festa de agasallos

Hai 20 anos, o 29 de abril de 2003, inaugurábase o Centro Comercial Ramallosa coa intención de dar resposta a unha necesidade da comarca e ofrecer calidade e benestar ás persoas que viven preto e ás que visitan a comarca ao longo do ano.

Cunha superficie de 11.500 M2, o centro conta con supermercado de alimentación, moda, decoración e servizos varios: salóns de peiteado, parafarmacia, mercería, telefonía, óptica, xoiería, fotografía, tinturería… sendo un punto de encontro de actividade comercial accesible no mesmo centro da Ramallosa, con garaxe gratuíto dunha hora e á beira de lugares de restauración, parques infantís e mesmo piscina a escasos metros.

O vindeiro sábado 29 de abril non pasará desapercibido na comarca. Será a data para premiar a fidelidade destes vinte anos no CC Ramallosa cunha gran festa de aniversario. Comeza a conta atrás co xogo da ruleta, do 10 ao 29 de abril, co que os clientes obterán un agasallo seguro por compras superiores a 15 euros e a participación no sorteo de 10 cheques de 200 euros cada un.

O vindeiro sábado, poderase gozar dos pasarrúas de 16:30 a 17:30 horas, seguido de actividades infantís ata as 19:00 horas e finaliza co sorteo dos cheques e a torta de aniversario.