O Concello de Nigrán informa que xa está aberto o prazo de solicitude para o Programa Campaña de Verán 2023 (campamentos) organizados pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Os campamentos están destinados a mozos e mozas nados entre os anos 2005 e 2014. O período de inscrición comeza o día 18 de abril e remata o día 2 de maio. Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse á OMIX de Nigrán situada na Estrada pola Vía, 65 (antiga estación do tranvía) Panxón, teléfono 986 383 081.
Nigrán informa da apertura do prazo de solicitude para os campamentos de verán da Xunta

