A campaña Maio Solidario, impulsada por supermercados Gadis, necesita 25 voluntarios no Val Miñor

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo necesita voluntarios para poder desenvolver con éxito a campaña Maio Solidario impulsada, por onceavo ano consecutivo, por parte do grupo Gadis en supermercados de distintas localidades da provincia. Para facerse voluntario e vivir unha experiencia solidaria só precísase ser empático coa realidade social máis próxima, dispoñer de catro horas os próximos 5 e 6 de maio, así como darse de alta na web https://bancoalimentosvigo.org/. Requírense máis de 400 voluntarios para poder levar a cabo con éxito esta acción social e que se desenvolverá de maneira mixta, é dicir, os clientes de Gadis poden entregar as súas doazóns físicas ou facer as súas achegas económicas ao pasar por caixa.

Un ano máis, a cadea de alimentación abrirá un saldo a favor do Banco de Alimentos e todo o diñeiro recadado -nunca lles chega en forma monetaria- converterase na adquisición de produtos de primeira necesidade nos próximos meses. En concreto, en Vigo e arredores mobilizaranse uns 250 voluntarios por parte da ONG, mentres que en Pontevedra e as súas comarcas serán outras 200 persoas. Terán presenza de persoal seu en Vigo, Nigrán, Tui, Pontevedra, Bueu, Sanxenxo, Cambados, Vilagarcía e Lalín. No Val Miñor, estarán no Gadis da Ramallosa e necesitan 25 voluntarios.

A campaña de Gadis estará operativa durante todo o mes de maio, aínda que, como vén sendo habitual sempre, os voluntarios reforzarán coa súa presenza durante esa primeira fin de semana de maio.