Nigrán ofrece este sábado en Lourido o novo espectáculo da orquestra “La Fórmula”

O Concello de Nigrán ofrece este sábado ás 22:30 horas no campo de fútbol de Lourido (Praia América) o novo espectáculo de “La Fórmula” bautizado como “La Fórmula 1”. Considerada como unha das mellores orquestras de Galicia, a agrupación abrirá a xira 2023 na comarca presentando as súas novas cancións, o seu novo vestiario e posta en escena. A orquestra, de referencia en todo o territorio nacional, consegue reunir en cada cita siareiros de toda Galicia e Portugal. A entrada é gratuíta.