
O BNG organiza este xoves 13 de abril ás 20:00 horas no Multiusos de Sabarís un encontro aberto sobre políticas de vivenda. Charla-coloquio en que se falará dun dos asuntos que máis preocupa á veciñanza do Val Miñor: a dificultade cada vez maior con que se atopan a xente moza e as familias para acceder a unha vivenda a prezos alcanzables e razoables. A necesidade de vivenda de promoción pública.
Intervirán os candidatos á Alcaldía de Baiona, Iago Pereira, Gondomar, Manuela Rodríguez, e Nigrán, Xavier Rodríguez, que farán unha breve exposición da situación en cadansúa localidade; e a deputada e Portavoz das áreas de ordenación do territorio e vivenda do grupo parlamentar do BNG no Parlamento de Galicia, Alexandra Fernández, que fará unha diagnose da situación actual da vivenda no conxunto de Galicia, e no Val Miñor en particular, e trasladará as propostas e alternativas do BNG nesta materia.