A Casa da Navegación de Baiona organiza unha xornada para divulgar o estado actual da Cultura Castrexa no Val Miñor. Unha oportunidade para coñecer o que hai e como está, da man dos especialistas. Será este sábado día 15 de abril a partir das 10:00 da mañá no Auditorio da Casa da Navegación. A asistencia é de balde ata completar aforo, polo que é necesario inscribirse a través do 986 356688 ou do correo electrónico museo.navegacion@baiona.gal.
| A CULTURA CASTREXA NO VAL MIÑOR: ESTADO DA CUESTIÓN | ||
| 10:00 | Rosa Villar Quinteiro | Os Castros do Val Miñor. Estado da cuestión. |
| 10:45 | Darío Peña Pascual | Escavacións no Castro de Chandebrito. Nigrán |
| 11:45 | Rosa Villar, Nicolás Villacieros Robineau | O Castro de Panxón |
| 12:45 | Pausa cafe | |
| EXPERIENCIAS DE POSTA EN VALOR DUN CASTRO | ||
| 13:00 | Rafael Rodríguez | O Castro de Santa Trega, A Guarda. |

