
O Hospital Álvaro Cunqueiro acolleu o acto de fin de curso para os 92 alumnos de sexto da Facultade de Medicina que cursaron os seus estudos de último ano de grao na Área Sanitaria de Vigo.
Os estudantes de Medicina realizan o seu último ano nun hospital, cun curso práctico no que se lles imparte un programa docente baseado na rotación por diferentes especialidades médicas e cirúrxicas. En total, traballan sete materias: clínica médica, clínica cirúrxica, urxencias e servizos centrais, clínica obstétrica e xinecolóxica, clínica pediátrica, clínica psiquiátrica e medicina familiar e comunitaria. Durante este período lectivo, os alumnos cumpren un horario de 8:00 a 15:00 horas, e tamén realizan gardas.
Durante este ano académico impartiron docencia 28 profesores asociados e 752 colaboradores docentes. O xerente da Área Sanitaria viguesa, Javier Puente, que presidiu o acto xunto coa doutora Ana Concheiro, coordinadora de Docencia de Grao, felicitou aos estudantes, puxo en valor o firme compromiso de Vigo coa Docencia clínica e agradeceu ao colectivo de colaboradores docentes e de profesores asociados o esforzo e dedicación á formación dos futuros médicos.
Desde o ano 2014, no que recibiuse aos primeiros alumnos de 6º de medicina (once) ata a actualidade, se ten formando a case 800 estudantes na práctica clínica.