Grupo S4, líder en Correduría de Seguros e Asesoramento Legal, será o patrocinador único da VII Carreira Nocturna Nigrán S4. A proba terá lugar o vindeiro sábado 7 de maio en Praia América e contará coa presenza da piragüista e subcampioa olímpica Teresa Portela como madriña.
“Estamos moi orgullosos de poder apoiar o deporte local a través de iniciativas como a Carreira Nocturna Nigrán S4”, afirma Alfredo Blanco, CEO de Grupo S4. “Desde hai xa varios anos, este foi un dos piares fundamentais da nosa política de Responsabilidade Social Corporativa. E a nosa intención é seguir con accións como esta onde as persoas, os hábitos saudables e a infancia teñen un gran protagonismo”.
A Carreira Nocturna Nigrán S4 contará un ano máis con dúas distancias na categoría de adultos (5 e 10 quilómetros), ambas as dúas na súa totalidade sobre asfalto. Previamente tamén haberá diversas carreiras para os máis pequenos da casa en función da súa idade.
Teresa Portela estará presente como embaixadora de S4
Non faltará á cita a embaixadora de S4, Teresa Portela. Como madriña da carreira, levará a cabo diversas actividades cos máis pequenos da casa como quecementos guiados e será a encargada de dar o pistoletazo de saída.
Desta forma, a edición deste ano contará con grandes sorpresas e actividades ao redor do percorrido da carreira para que familiares e amigos dos participantes poidan tamén gozar do evento e da posta de sol nun marco incomparable.
O evento deportivo, organizado por Noko360, contou na súa edición de 2022 con máis de 500 participantes entre adultos e nenos. Este ano espérase superar esta cifra para converterse na proba de referencia no Val Miñor. As inscricións poden realizarse xa a través da páxina web oficial: http://www.nocturnanigrans4.com/
A Carreira Nocturna Nigrán S4 contou en edicións anteriores coa participación do atleta de Ponteareas, Daniel Bargiela, ou a triatleta paralímpica e medalla de ouro en Tokio 2020, Susana Rodríguez. Tamén se uniron en 2021 integrantes de Discamino de Santiago, un proxecto que axuda a persoas con problemas a cumprir o seu soño de chegar a Santiago.

