
O Concello de Gondomar celebra os días 15 e 16 de abril a súa IX Mostrafeira. Trátase dunha feira multisectorial de artesanía con exposición e venda de artesanía galega, obradoiros gratuítos, regueifas con O Caruncho e Quique Estévez e algunhas sorpresas. O evento desenvolverase na Praza Paradela en horario de 11:00 a 15:00 e de 16:00 a 21:00 horas.