Sin categoría

Concentración pola defensa da sanidade pública na Xunqueira

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor convoca este mércores, 12 de abril, con motivo do Día Internacional da Atención Primaria, unha concentración diante do Centro de Saúde do Val Miñor, na Xunqueira, pola defensa da sanidade pública, ás 12:00 horas. “É importante participar na súa defensa, que a Xunta está descapitalizando. Máis presuposto. Máis persoal. Menos demoras”, sinalan desde a Plataforma.