
Nace “Atlántica Beach Party”, un novo festival en Nigrán que mezcla estilos adaptados aos sons do momento: a música urbana e a música electrónica. O festival será este venres 7 de abril dende as 19:00 horas en Lourido (explanada do mercado) e contará con artistas consolidados e emerxentes como Michenlo, Dirty Suc, Groove Amigos ou Xoel Muíños.
Presentación dos artistas
Neste caso escolléronse maiormente artistas da propia localidade e arredores para dar oportunidades a talentos emerxentes ou veteranos locais con amplo percorrido. A conexión que logran conseguir co seu público e a súa paixón pola música fan que se cree un ambiente inmellorable.
Michenlo: dj e creador de contido que marca tendencia entre todos os seus seguidores (+400.000 en total). O seu show é un reclamo en todos os festivais e festas de éxito (destacando o festival máis importante do mundo: Tomorrowland).
Dirty Suc: un dos mozos máis destacados da nova onda da música urbana en España. O seu son característico e persoal unido á súa estética fan deste artista un gran reclamo (destacando Riverland ou O Marisquiño).
Groove Amigos: dj que recorre o mundo coas súas sesións que moven masas e que son toda unha experiencia pola súa interacción co público e a súa forza sobre o escenario. Destacamos a súa presencia en festivais de renome coma: Medusa, Arenal Sound, O Son do Camiño…).
Juliann James & Mzrin: os djs, produtores e referentes de música electrónica triunfan polo mundo compartindo carteis coas máximas autoridades deste xénero: Steve Aoki, Dimitri Vegas, Martin Garrix, Like Mike, Afrojack…
Xoel Muíños: este dj emerxente ao pouco de comezar a súa carreira musical está conseguindo abrirse paso en grandes salas tanto pola súa calidade técnica e de selección coma pola súa entrega e carisma. Actualmente acumula experiencia en Galicia, Cataluña e Portugal.
Zoe Rey: dj emerxente que busca abrirse paso na música demostrando o seu talento e as súas ganas de crecer conseguindo chamar a atención das principais salas de Galicia. Destacamos o seu gusto musical e a súa enerxía sobre o escenario.
Rafitta: dj emerxente que xa está destacando en salas importantes de Galicia grazas ao seu talento e, sobre todo, a súa forma de interactuar e de gañarse ao público máis novo, onde moitos se poden ver reflectidos.