Gondomar envórcase co deporte en todas as súas vertentes

A Gala do Deporte regresou este sábado a Gondomar tras tres anos de parón pola pandemia e fíxoo ao grande repartindo un total de 63 distincións. O Pavillón Bernabé Costas foi o escenario elixido nunha edición presentada pola xornalista Rocío Carreiro e amadriñada pola atleta Vanessa Veiga.

A velada estendeuse durante máis de dúas horas, non faltaron as proxeccións de vídeos, actuacións da escola local de danza LDanzia e o Club Flic Flac, premios a un total de 17 modalidades deportivas e para o final as mencións especiais, que precederon ao prato forte das distincións deste ano. Deste xeito, a xogadora de rugby Estela Rodríguez Araújo foi a elixida á mellor traxectoria deportiva. O premio á mellor deportista revelación feminina recaeu sobre a patinadora do CPA Gondomar Noa Álvarez Romero, mentres que o masculino foi para o seu compañeiro de equipo Joel Ribeiro Díaz. Ainhoa Repáraz Sánchez alzouse como mellor deportista feminina e Julio Vilas Fernández en masculino. Ademais, o 55 Rallie Recalvi Rías Baixas foi elixido como o mellor evento deportivo, o Lóstrego Club de Fútbol Gondomar como mellor equipo e Autoescola San Benito como mellor patrocinador.

Para rematar, dentro do apartado de mencións homenaxeouse a título póstumo ao coordinador deportivo no Club Gondomar Fútbol Base, Javier Martínez Giráldez, falecido recentemente; o fundador do Marisquiño e colaborador en Gondomarspot, Carlos Domínguez “Pity”, a atleta Desirée Vila, o Grupo Show “Last Kaneri” do CPA Gondomar, o Centro Juan María e o destacamento da DXT de Porriño.

As portas do Bernabé Costas abriron antes das 20:00 horas para recibir ao público sentado nas zonas designadas, tras a presentación deu comezo o acto co discurso inicial da concelleira de Deportes Nuria Lameiro, os edís Iria Lambas e José Manuel Chamorro entregaron os dous primeiros premios, e posteriormente o evento foise desenvolvendo entre vídeos, actuacións e as intervencións do alcalde Paco Ferreira e o deputado provincial Gorka Gómez. O resto de distincións correron da man dos edís Juan Rodríguez, Rocío Goberna, Araceli Regueiro, Brais Misa, Jose Luis Alonso e a madriña Vanessa Veiga. A fotografía de familia chegou pasadas as 22:00 horas tras dúas horas de acto.

Tamén se entregaron premios en cada unha das seguintes disciplinas:

BILLAR

  • Alejandro Doval Fernández

PETANCA

  • Alejandro Alonso Lorenzo
  • Carlos Fernández Alonso

CHAVE

  • Carlos Fernández Comsesaña
  • Jose Da Silva Rodríguez

BOLOS

  • David Pintos Fontán
  • Diego Camesella Rodríguez
  • Ismael Fernández
  • Ismael Torres
  • Iván Otero

HALTEROFILIA

  • Pablo Vázquez Francisco

TIRO CON ARCO

  • Rubén Rodríguez Alleres

HÍPICA

  • Candela Martínez Valverde
  • Claudia López Comesaña

ATLETISMO

  • Adrián Bernárdez Domínguez
  • Ricardo Cortizo Souto
  • Grabriela Bouzada Senra
  • Uxía Vidal Márquez

TRAIL – CARREIRA DE MONTAÑA

  • Diana Domínguez Pereira

BALONCESTO

  • Marcos Losada Rocholl
  • Iago Costas Souto
  • Aldara Molares Fragueiro

XIMNASIA ACROBÁTICA

  • Claudia Comesaña Estevez
  • Sira Cerdeira García

FÚTBOL

  • Noel Hermida Couto
  • Alejandro Gómez Otero
  • Tamara Fernández Rodríguez
  • Irene Rial González
  • André Lores Varela
  • Jose Manuel Comesaña Lago

AUTOMOBILISMO

  • Unai Conde García
  • Ezequiel Salgueiro Simoes

DEPORTE DE INERCIA

  • Jose Antonio Gonzélez del Río
  • Hugo González Lameiro

TENIS

  • Leslie Correa
  • Juan Martínez
  • Juan Freitas

TENIS DE MESA

  • Martin Pintos Barreiro

DANZA

  • Grupo Huérfanos – Ldanzia
  • Lorena Benítez Pereira

El pase de diapositivas requiere JavaScript.