Sin categoría

Baiona oferta visitas guiadas gratuítas durante a Semana Santa

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, aposta por diferentes iniciativas coas que dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural do municipio con diferentes programas de visitas gratuítas durante Semana Santa. Veciños e visitantes poderán gozar do amplo patrimonio cultural do municipio acompañados por unha guía oficial durante o Xoves, Venres e Sábado Santo ás 11:30 horas. O punto de encontro para a saída será o exterior da Oficina de Turismo de Baiona (entrada ao Parador).

As visitas son gratuítas e é necesaria a inscrición previa na Oficina de Turismo de Baiona no correo electrónico oficinadeturismo@baiona.gal ou por teléfono no 986 68 70 67. Durante 90 minutos, unha guía oficial de Galicia, acompañará aos participantes durante un interesante percorrido por diferentes lugares emblemáticos da localidade entre os que se atopan o monumento Encontro Entre Dous Mundos, o Paseo Ribeira, cun percorrido polo casco histórico finalizando no paseo marítimo.