Sin categoría

Baiona prepara un estudo integral sobre a cobertura da fibra óptica no municipio

A Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Baiona fai unha consulta a toda a veciñanza ao respecto do despregamento da fibra óptica en todo o seu territorio. “Somos coñecedores de que en varias zonas do territorio baionés non existe a posibilidade dunha conexión fixa a través de fibra óptica, son varios os axentes a intervir nesta problemática. A intención deste chamamento é acadar o maior número de zonas sen servizo para remitirllas aos entes pertinentes e resolver a problemática que padecen veciñas e veciños e tamén negocios de Baiona”, sinala a concelleira de Novas Tecnoloxías, Yasmina Moreira Costas.

A Concellería de Novas tecnoloxías ten tido conversas con diferentes operadoras para solicitar o despregamento. Nalgunhas zonas conseguiuse liquidar o problema ou dar resposta á veciñanza en canto a prazos de execución por parte das operadoras. Moreira Costas ve preciso, para garantir a igualdade de oportunidades aos veciños e veciñas, polo que dende a Concellería proponse realizar un estudo integral sobre a cobertura da rede de fibra óptica nas distintas zonas do municipio de Baiona, determinando as necesidades dos diferentes núcleos de poboación e que o Concello de Baiona, en base aos datos obtidos, levaranse novamente a cabo todas as medidas e xestións posibles para esixir, incentivar e fomentar que as compañías distribuidoras faciliten o acceso á fibra óptica ao maior número posible de veciños e veciñas do municipio.

A concelleira sinala que cos datos obtidos deste estudo o goberno local transmitirallos á Xefatura Provincial de Inspección de Telecomunicacións para que leven a cabo as xestións pertinentes. Para isto, a Concellería informa de que todos aqueles veciños y veciñas que desexen poñer en coñecemento do despregamento da fibra óptica na zona na que residen poden enviar a información ao seguinte correo electrónico concelleria.novastecnoloxias@baiona.gal.