A Comisión de Festas Santa Mariña de Vincios organiza o vindeiro domingo 2 de abril a súa Xuntanza Cabalar 2023. O prezo para participar é de 22 euros por persoa (nenos ata 12 anos 12 euros), incluíndo ruta, petisco e comida (churrasco, 1 bebida, sobremesa, café e chopo). A comida sen petisco terá un custo de 17 euros por persoa, mentres que os que tan só queiran o petisco deberán abonar 5 euros. Os teléfonos para anotarse son o 628 680 505 (Diego) e 697 588 804 (Bibi). Reservas antes do mércores 29 de marzo. Recollida de tickets e saída desde a Casa Reitoral ás 9:00 da mañá.
A Comisión de Festas Santa Mariña de Vincios organiza unha Xuntanza Cabalar

