Sin categoría

A Garda Civil investiga a dous veciños de Nigrán por danos en dous vehículos

O pasado 26 de febreiro presenta denuncia no Posto da Garda Civil de Baiona-Nigrán un veciño de Gondomar que relata que a pasada madrugada deixou estacionado o seu vehículo nunha zona de copas da Ramallosa-Nigrán e ao saír atopa o seu turismo con numerosos danos (Rotura de todas as lúas, de todas as ópticas, danos na chapa, etc), así como que no interior do vehículo aparecen restos de paus de golf. Faise cargo da investigación o Equipo EBIO de Baiona-Nigrán que realiza inspección ocular do vehículo recollendo catro puntas de paus de golf utilizados polo autor/es, para golpear o vehículo.

Mediante as primeiras xestións, chégase a relacionar cos feitos a un home que vive nas proximidades e a unha muller, que teñen numerosos antecedentes policiais por feitos similares, e con posterioridade tense coñecemento que nos garaxes do edificio onde reside o home, este posúe un vehículo abandonado, sen rodas e coas lúas rotas e que dentro se poden observar restos de cinco paus de golf. Confírmase tamén que os mesmos, a semana anterior, provocaran danos noutro vehículo estacionado na mesma zona, apoiándose en que ían drogadas e volvéronse tolos, dándolle patadas e que, cunha pedra romperon a lúa dianteira.

Efectivamente existía a denuncia por danos doutra persoa na data indicada, consistentes en fractura da lúa dianteira e diversos golpes na chapa, polo que se incorpora esta nova denuncia á investigación. Por iso procédese o día 13 de marzo, a investigar a un home e unha muller de 45 e 23 anos, con domicilio en Nigrán, como presuntos autores de dous delitos de danos en vehículos. As dilixencias instruídas, son entregadas no Xulgado de Instrución Nº 2 de Vigo en funcións de Garda.