Nigrán informa dun corte de auga este luns na zona alta de Priegue

O Concello de Nigrán informa que, como consecuencia da execución de traballos de mantemento, limpeza e desinfección do depósito de auga por parte da empresa concesionaria Aqualia, é preciso realizar unha suspensión temporal do subministro este luns 3 de xaneiro de 08:00 a 15:00 horas que afectará á zona alta de Priegue ata rúa dos Pazos en Nigrán, barrios de Medoñas, Pedrosas, Navás, Mámoa, Rouxo, Sanromán, Grolos e Nogueira. O Concello lamenta as molestias que poida causar este traballo para a mellora do servizo.